O nome e o símbolo dos elementos químicos


Fai tempo que quería falar no blog deste libro; pero ata día de hoxe non puiden lelo e como sempre gústame lelos libros antes de recomendalos.

Este libro escribírono tres profesores da USC: M.R.Bermejo, A.M González-Noya e Miguel Vázquez. O ano pasado tiven o pracer de que unha das autoras deste libro fose a miña profesora, e recomendounos o libro e a min pareceume moi interesante.

Este libro fala como o seu nome indica sobre os elementos químicos da táboa periódica.

Inicialmente explica, os símbolos utilizados en química para falar dos elementos. Explica como foron evolucionando e como se utilizan.

Despois, fala de como se descubriu cada un dos elementos químicos da táboa periódica e porque ten eses nome e  símbolo.

Finalmente, explica unhas regras que se están seguindo para nomear e facer os símbolos dos últimos elementos descubertos na táboa periódica e os autores dan a súa opinión sobre esta última tendencia.

Finalizan o libro deixando a porta aberta para que, axiña, entren novos elementos na Táboa Periódica. É posible que cando leas o libro haxa algún elemento novo descuberto.


A pesar deste ultimo detalle considero que a lectura deste libro é interesante e recoméndovola.

29/02/2016

Descubrirlaquimica2. Estudiante de química en la USC