Como mencionei
hai uns días esta semana esta tendo lugar na facultade de química unha
exposición bibliográfica sobre as mulleres na química e na ciencia.
A exposición xa
se pode visitar, esta a disposición dos interesados na planta baixa da
facultade química da Universidade de Santiago de Compostela.
Mañá oito de
maio é o día internacional da muller traballadora e a exposición celebrase con
este motivo; estará dispoñible dende hoxe sete de marzo ata o dezaoito de
marzo.
Por unha parte
mostra bibliografías que tratan especificamente do tema da muller na química,
por outra parte mostra libros de química escritos por mulleres e hai unha
vitrina específica que expón libros escritos por profesoras da USC.
A continuación móstrovos
algunhas imaxes da exposición para que vos fagades unha idea do que é.